Incendios Forestais
Hoxe á mediodía contaronme uns feitos que me arrepiaron. Sucedeu no concello de Pontecesures, na provincia de Pontevedra. Unha persoa estaba dando un paseo polos arredores desta vila. Ó pouco tempo de empezar a andar, observou que había un obxecto no medio da maleza. Acercouse e descubreu un arfecto caseiro preparado para prender lume no monte. Este estaba formado por unha botella de vidro, unha vela e gasolina. A vela fora encaixada no morro do recipiente despois de que este fora recheado con gasolina. Rapidamente, esta persoa foi o coche a buscar un botellín de auga para apagar a vela que xa estaba prendida. A continuación, dou parte do sucedido a un axente forestal para que se fixera cargo da situación.
O gardamontes fixo unha revisión por toda esa zona e descubrui catro artefactos máis, todos iguais. En total encontraronse cinco botellas que puideron explosionar. De feito, o garda forestal dixolle á persoa que tivera sorte xa que si intentara apagar a vela co pe podería quedar sen perna.
Ter coidado porque as cousas están bastante mal. Por exemplo, Padrón está asediado polos incendios. Si estas no casco urbano podes apreciar como caen charamuscas.
Agora o que fai falla son todos os medios posibles. A medio plazo fai falla e planificación. A longo prazo EDUCACIóN!
Lume Nunca Máis!: concentracións ás 20h30 en Compostela, na Praza de Cervantes

dende a praia en vilagarcía podían diferenciarse catro incendios. dende a estrada dous máis.
de que vale planificar e previr se prenden o lume? e a educación onde queda se nen sequera se sabe cales son os intereses que moven aos incendiarios???
Posted by
oko |
07/08/2006, 21:40:00
Respecto ao da planificación:
Se por exemplo os donos de montes e fincas se preocuparan mais polas súas propiedades, limpadoas etc. os incendios non serían tan devastadores.
Realmente, o problema radica na revalorización dos montes.
Posted by
Equipo Dogsado |
07/08/2006, 23:40:00