quarta-feira, julho 26, 2006

Tonhito e a piratería

sexta-feira, julho 07, 2006

Noitebús

A Xunta pon este venres en funcionamento, e ata o derradeiro fin de semana de agosto, un novo servizo de transporte público nocturno que funcionará nas principais zonas de movida, en contreto, o Noitebús atingue a 28 concellos (Todos pertenzen a fachada atlántica). Este servizo consiste nuns buses que levarán os seus usuarios de marcha por 1,5€ o billete, para toda a noite. O prezo é bastante bo debido a que a a Xunta subenciona boa parte do coste total.




Mapa e rutas


Máis información:
Xornal.com
La Voz de Galicia


quinta-feira, julho 06, 2006

Películas

Normalmente a xente que ve películas na televisón (Antena 3, Telecinco...) ten unha certa cultura sobre o que pode pasar en diferentes situacións. A todas estas situacións eu personalmente chamaríalles estereotipos televisivos ou dunha forma máis coloquial: 'ten que pasar eso por collóns, é o tipico'. Vou poñer de seguido unha lista con estes "estereotipos" por todos coñecidos:
-Todos os números de teléfono dos EEUU comezan por 555
-A torre Eiffel pode verse desde todas as ventanas de París
-Todas as camas teñen unha sábana, se hai unha muller e un home, para a muller a sábana chega ata os sobacos, para o home a sábana remata nas cadeiras
-Todos os obxetos que veñen do aire (OVNIs, meteoritos, etc) acaban estrellándose nos EEUU
-A primeira pista de investigación dun detective norteamericano é caixa de cerillas dun bar
-En todas as investigacións é necesario pasar por algun local de striptease
-Todos os mafiosos son estranxeiros ou descendentes directos deles
-Sempre que o protagonista chega a un bar e di "ponme una copa" o camareiro pon exactamente o que o protagonista quería
-Antes de matar ó protagonista da película, o malo cando está a punto de matalo contalle todo o que tiña planeado e todas as súas intencions e busa unha maneira moi complicada de matalo, polo que o protagonista consigue escapar
-Ainda que a carretera sexa completamente recta, o conductor ten q xirar o volante un par de veces
-Todas as bombas teñen unha pantalla con numeros grandes, para que todo o mundo vexa cando vai estallar
-Nas guerras podes sobrevivir, sempre que non saques a foto da túa moza
-É facil pilotar un avión sempre que te axuden desde a torre de control
Para rematar poño a ultima "Un detective resolve o caso xusto despois de que lle retiren a placa"