sexta-feira, agosto 11, 2006

O teu monte precisa de Ti

Teléfono en defensa do monte galego:
900 400 800


Deseño de Aduaneiros

Contra o "terrorismo incendiario" reactívase a Plataforma Nunca Máis

"Lume Nunca Máis. Paremos o terrorismo incendiario. Por un cambio de rumbo nas políticas para os nosos montes". Con ese triple lema, a comisión xestora da Plataforma Nunca Máis anuncia a reactivación da plataforma cidadá e a convocatoria dunha manifestación en Santiago de Compostela para o domingo 20 de agosto ás 12h. Moitos dos integrantes do colectivo xa veñen participando nas concentracións que estes días tiveron lugar en varios puntos do país e agora traballan para a reactivación da rede de colaboración entre centos de asociacións de todo o país e fai un chamamento á sociedade galega a mobilizarse activamente contra o terrorismo incendiario.

Segue en Vieiros...

quarta-feira, agosto 09, 2006

O inferno da comarca do Sar

Este é un video que subiron ao youtube onde se pode observar a actuación dos bombeiros da comunidade de Madrid en Rois e máis en Pazos(concello de Padrón)



Grazas aO BAUL

segunda-feira, agosto 07, 2006

Mapa de incidencias de Protección Civil

Este é o mapa das incidencias que se producen no noso país. Os incendios forestais están marcados cun triángulo verde.

INCIDENCIAS ACTIVAS NESTE INTRE - 11/08/2006 15:51




Máis información en http://www.112sosgalicia.org

Incendios Forestais

Hoxe á mediodía contaronme uns feitos que me arrepiaron. Sucedeu no concello de Pontecesures, na provincia de Pontevedra. Unha persoa estaba dando un paseo polos arredores desta vila. Ó pouco tempo de empezar a andar, observou que había un obxecto no medio da maleza. Acercouse e descubreu un arfecto caseiro preparado para prender lume no monte. Este estaba formado por unha botella de vidro, unha vela e gasolina. A vela fora encaixada no morro do recipiente despois de que este fora recheado con gasolina. Rapidamente, esta persoa foi o coche a buscar un botellín de auga para apagar a vela que xa estaba prendida. A continuación, dou parte do sucedido a un axente forestal para que se fixera cargo da situación.
O gardamontes fixo unha revisión por toda esa zona e descubrui catro artefactos máis, todos iguais. En total encontraronse cinco botellas que puideron explosionar. De feito, o garda forestal dixolle á persoa que tivera sorte xa que si intentara apagar a vela co pe podería quedar sen perna.
Ter coidado porque as cousas están bastante mal. Por exemplo, Padrón está asediado polos incendios. Si estas no casco urbano podes apreciar como caen charamuscas.

Agora o que fai falla son todos os medios posibles. A medio plazo fai falla e planificación. A longo prazo EDUCACIóN!

Lume Nunca Máis!: concentracións ás 20h30 en Compostela, na Praza de Cervantes

domingo, agosto 06, 2006

Nunca máis!

Aínda sinto arrepio cando vexo videos coma este:

http://www.youtube.com/watch?v=hi6b7dh_cr4




Por todo isto, NUNCA MÁIS!

sábado, agosto 05, 2006

As nosas músicas

De novo volve o festival As Nosas Músicas (XI edición) na Estrada, concretamente, no lugar de Couso. Este ano hai un cartel que para o meu gusto é bastante bo:



Deixo unhas ligazóns de algúns grupos que estarán presentes no festival: