segunda-feira, junho 26, 2006

ULLA RIVER FESTIVAL

+info aqui:

domingo, junho 25, 2006

El baile de la botella

El baile de la botella
Na honra de San Xoán.

domingo, junho 18, 2006

Marquinhos Drinkin!

sábado, junho 17, 2006

Para a SGAE

O video está en inglés con subtitulos en castelán. Ademáis, recollo d'Regueifa a letra en galego.

http://www.youtube.com/watch?v=wd8Id1iZcnQ



É 2006, e o consumidor segue cabreado
Xa non aguanto máis así que estou facendo unha lista
Non intentes resistir o cambio de paradigma
Non se pode ignorar a revolución musical
¿18.98 dólares un CD de Iggy Pop?
¿E se o podo conseguir gratis da miña irmá?
Isto vai de facer marketing para Clive Davis, ¿verdade?
Se os fans se compran a camisola conseguen o MP3
A música era un produto, agora é un servizo.
Discográficas, majors, ¿por que queredes facernos dano?
Epic espétame, "Non nos roubes as cancións, Lars",
Mentres Sony vende as gravadoras que tostan os CD-Rs
Así que Warner, EMI, escoitádeme ben
Universal Music, actualízate o chip,
Demandan a nenos que se descargan os éxitos,
Cren que é algo razoable
Mentres saben que está mal.

Hey Mr. Record Man
Rímonos de tí
Levando a túa discográfica
Coma se fose 1992
Hey Mr. Record Man,
O teu sistema non pode competir
É o Novo Modelo de Artista
Transferencia de fichero completada
¡Descarga esta canción!
¡Descarga esta canción!
¡Descarga esta canción!

Xa sé que rimo rápido, pero a mensaxe está claro
Non necesitas un millón de dólares para lanzar unha carreira
Se o teu estilo é único e practicas o que predicas
Minor Threat e Jello Biafra teñen algo que ensinar
Teño produción G5, videos de concerto
Fago xiras co portátil, ante salas repletas
¿O contrato á antiga cunha compañía? Non ten sentido
¡Ser un siervo da gleba ten un custo inmenso!
Teñen o dedo no dique pero a grieta se expande
Non podes vender auga embotellada cando flúe libremente
As vendas de discos se esfuman, baixaron un 8 por cento,
Soben as vendas de descargas, non se poden impedir
A radio por satélite e os videojuegos
cambiaron a paisaxe, xa nada será igual
¿Sabiades que en dez anos non haberá discográficas?
¡Adeus DVDs, adeus Compact Disks!

Hey Mr. Record Man,
¿Que che criches?
Segues vivindo do teu catálogo
Do ano 1982
Hey Mr. Record Man,
O teu sistema non pode competir
É o Novo Modelo de Artista
Transferencia de ficheiro completada
¡Descarga esta canción!
¡Descarga esta canción!
¡Descarga esta canción!

Sabes, só queriamos un campo de xogo nivelado.
Cobráchesnos de máis durante anos, e agora
Só queremos atopar un equilibrio xusto, odio dicilo, pero...
Benvido ao futuro.

Hey Mr. Record Man
Rímosnos de tí
Levando a túa discográfica
Coma se fose 1992
Hey Mr. Record Man,
O teu sistema non pode competir
É o Novo Modelo de Artista
Transferencia de ficheiro completada
¡Descarga esta canción!
¡Descarga esta canción!
¡Descarga esta canción!

domingo, junho 04, 2006

Ti decides...

quinta-feira, junho 01, 2006

Apúntamo na conta!

Esto é o que debe dicir cando o Sr. Villamor (alcalde de Padrón) cando ten que pagar. Así quedan as arcas municipais. Despois non dan as contas e sae que se debe 1.676.301€. Si escribin ben, máis de un millón e medio de euros. Entre outras cousas o concello de Padrón ten facturas de varios restaurantes e ata unha dunha pulperia como non, sen pagar. Mentres o Sr. Villamor, que leva máis de 20 anos na alcaldía, é millonario e posúe participacións na súa construtora favorita, MAHIA.

Ultimamente Padrón sae bastante na prensa, case sempre pola xestión do goberno municipal ou por sucesos. Queres exemplos? toma:

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idNoticia=50554
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idNoticia=47513

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idNoticia=50230
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/n......

Eche o que hai!
Apúntamo na conta!