« Home | Ti decides... » | Apúntamo na conta! » | Doble-V te lo pone ahí...! » | MITICO baile da pá e da carreta!! » | Non máis especulación! » | Vella Fighter!! » | RA-FA-GA!!! » | Rock in Depor » | BENVIDA »

Para a SGAE

O video está en inglés con subtitulos en castelán. Ademáis, recollo d'Regueifa a letra en galego.

http://www.youtube.com/watch?v=wd8Id1iZcnQ



É 2006, e o consumidor segue cabreado
Xa non aguanto máis así que estou facendo unha lista
Non intentes resistir o cambio de paradigma
Non se pode ignorar a revolución musical
¿18.98 dólares un CD de Iggy Pop?
¿E se o podo conseguir gratis da miña irmá?
Isto vai de facer marketing para Clive Davis, ¿verdade?
Se os fans se compran a camisola conseguen o MP3
A música era un produto, agora é un servizo.
Discográficas, majors, ¿por que queredes facernos dano?
Epic espétame, "Non nos roubes as cancións, Lars",
Mentres Sony vende as gravadoras que tostan os CD-Rs
Así que Warner, EMI, escoitádeme ben
Universal Music, actualízate o chip,
Demandan a nenos que se descargan os éxitos,
Cren que é algo razoable
Mentres saben que está mal.

Hey Mr. Record Man
Rímonos de tí
Levando a túa discográfica
Coma se fose 1992
Hey Mr. Record Man,
O teu sistema non pode competir
É o Novo Modelo de Artista
Transferencia de fichero completada
¡Descarga esta canción!
¡Descarga esta canción!
¡Descarga esta canción!

Xa sé que rimo rápido, pero a mensaxe está claro
Non necesitas un millón de dólares para lanzar unha carreira
Se o teu estilo é único e practicas o que predicas
Minor Threat e Jello Biafra teñen algo que ensinar
Teño produción G5, videos de concerto
Fago xiras co portátil, ante salas repletas
¿O contrato á antiga cunha compañía? Non ten sentido
¡Ser un siervo da gleba ten un custo inmenso!
Teñen o dedo no dique pero a grieta se expande
Non podes vender auga embotellada cando flúe libremente
As vendas de discos se esfuman, baixaron un 8 por cento,
Soben as vendas de descargas, non se poden impedir
A radio por satélite e os videojuegos
cambiaron a paisaxe, xa nada será igual
¿Sabiades que en dez anos non haberá discográficas?
¡Adeus DVDs, adeus Compact Disks!

Hey Mr. Record Man,
¿Que che criches?
Segues vivindo do teu catálogo
Do ano 1982
Hey Mr. Record Man,
O teu sistema non pode competir
É o Novo Modelo de Artista
Transferencia de ficheiro completada
¡Descarga esta canción!
¡Descarga esta canción!
¡Descarga esta canción!

Sabes, só queriamos un campo de xogo nivelado.
Cobráchesnos de máis durante anos, e agora
Só queremos atopar un equilibrio xusto, odio dicilo, pero...
Benvido ao futuro.

Hey Mr. Record Man
Rímosnos de tí
Levando a túa discográfica
Coma se fose 1992
Hey Mr. Record Man,
O teu sistema non pode competir
É o Novo Modelo de Artista
Transferencia de ficheiro completada
¡Descarga esta canción!
¡Descarga esta canción!
¡Descarga esta canción!