sábado, março 24, 2007

Os integrantes de Heredeiros da Crus estudan tocar xuntos de novo

Javi Maneiro afirmou que os integrantes da mítica banda Heredeiros da Crus, da que formou parte durante doce anos xunto a Toñito de Poi e Marcos Otero, entre outros, xuntaranse o vindeiro ano para estudar a posibilidade de volver a tocar xuntos, co cal lle darían unha enorme ledicia aos seus máis incondicionais seguidores.

Segue n'A Voz

domingo, dezembro 03, 2006

Riada en Pazos

Este é o título do video no que poden ver as consecuencias dunha pésima xestión municipal. O video pertenze á parroquia de Pazos, concello de Padrón.

Video

sexta-feira, outubro 13, 2006

Ilusionado

Se o destino quere, os Heredeiros darán algunha sorpresa. Tonhito de Poi

Heredeiros están pensando en volver. Javi Maneiro

Regresarán ao panorama musical os Heredeiros da Crus!??

Máis información:


terça-feira, outubro 10, 2006

Lostmanía

Teño que dicir que gosto da serie Lost ou Perdidos (tamén de Friends). Non chego a extremos de Lostmaniaco pero aínda así creo que vale a pena publicar unha entrada en referencia a esta serie.

A primeira referencia é un video-parodia destas dúas series:

http://www.youtube.com/watch?v=BQ7KMH4gq_A
Adblock
Adblock


A segunda referencia é un mapa da isla que contén unha chea de datos:

http://z18.zupload.com/file.php?filepath=37274

sexta-feira, setembro 22, 2006

Xabarín Tube

Xa podes ver os videos da túa infancia, os videos do xabarín club. Si é certo grazas a gran labor do usuario do youtube Tellaceibe. Non consigo atopar as palabras para definir o estado emocional no que estiven cando souben da boa nova. Hoxe sen dúbida é un gran día para o Equipo Dogsado.
Sen máis deixovos para poder segir vendo estes magnificos arquivos que xa pertencen á nosa historia.

O primeiro XabaTubo
Adblock


Grazas a:

Selectividade 2006

Boas de novo lectores.
Se vos presentachedes en setembro ao exame de selectivo podes ver os resultados obtidos en varias páxinas web:

  • Na primeira podedes consultar as vosas notas e cualificacións das distantas materias introducindo o voso DNI

http://www.edu.xunta.es/notaspaau/Index.jsp

  • Na segunda so podedes ver se aprobachedes ou supendechedes, é dicir, se sodes aptos ou non na primeira corrección.

http://ciug.cesga.es/actualizacion/PDF/AptosporCDset2006.pdf


A sorte está botada!

sexta-feira, agosto 11, 2006

O teu monte precisa de Ti

Teléfono en defensa do monte galego:
900 400 800


Deseño de Aduaneiros

Contra o "terrorismo incendiario" reactívase a Plataforma Nunca Máis

"Lume Nunca Máis. Paremos o terrorismo incendiario. Por un cambio de rumbo nas políticas para os nosos montes". Con ese triple lema, a comisión xestora da Plataforma Nunca Máis anuncia a reactivación da plataforma cidadá e a convocatoria dunha manifestación en Santiago de Compostela para o domingo 20 de agosto ás 12h. Moitos dos integrantes do colectivo xa veñen participando nas concentracións que estes días tiveron lugar en varios puntos do país e agora traballan para a reactivación da rede de colaboración entre centos de asociacións de todo o país e fai un chamamento á sociedade galega a mobilizarse activamente contra o terrorismo incendiario.

Segue en Vieiros...

quarta-feira, agosto 09, 2006

O inferno da comarca do Sar

Este é un video que subiron ao youtube onde se pode observar a actuación dos bombeiros da comunidade de Madrid en Rois e máis en Pazos(concello de Padrón)



Grazas aO BAUL